5º SEMINARIO INTERNACIONAL de JAZZ e MUSICOTERAPIA 2017

Celebramos este ano a 5ª edición do Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia.

Terá lugar en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de Setembro de 2017.

Este Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia empezou a súa andaina en novembro de 2013 en Ourense, contando coa presenza do Neurocientífico Dr. Robert Zatorre, quen desde entón é asesor en temas de investigación da formación de Máster en Musicoterapia de Galicia.

Fai dúas edicións, o 3º Seminario estivo máis centrado na Musicoterapia e tivemos como convidado o Dr. Even Ruud (Noruega), pioneiro da Musicoterapia en Europa e os paises Nórdicos e o primeiro europeo en formarse como musicoterapeuta en EEUU.

O ano pasado, a edición do 4º SIJMT estivo máis centrada no Jazz e decicada á IMPROVISACIÓN, cos profesores invitados Jesus Santandreu (sábado) e Ramón Bermejo (domingo).

Nesta 5ª edición do SIJMT a presenza da Improvisación e o Jazz por unha banda e da Musicoterapia por outra podemos dicir que se reparte a partes iguais, pois as persoas que asistan poderán asistir a masterclass do pianista José Carra e escoitar presentacións de casos e intervencións relacionadas coa Musicoterapia, en cada un dos diferentes ámbitos de aplicación nos que en Galicia e tamén noutras comunidades trabállase desde o MODELO CASA BAUBO.A&S.MUSICOTERAPIA CIENTÍFICA APLICADA, que son Clínico, Comunitario, Educativo, Sanitario e Social.

Esperámosvos!!

Ligazóns ao Seminario:
- Web: Ligazón
-Inscricions e prezos:
Importe da asistencia ao Seminario 80 euros
Alumnas e alumnos do SPJ 50 euros
Musicoterapeutas AEMTA-EMTC 50 euros

Formulario de Inscrición: Ligazón
- Profesor invitado José Carra: Ligazón