AGAMUS
MODELO CASA BAUBO. A&S. MUSICOTERAPIA CIENTÍFICA APLICADA
CENTRO DE MUSICOTERAPIA DE GALICIA
SERVIZOS
CLÍNICA
MODELO CASA BAUBO. A&S. MUSICOTERAPIA CIENTÍFICA APLICADA
[...] Desde
o ano 1993 vense desenvolvendo en Galiza un xeito xenuíno de acompañar as
persoas, desde a música, no seu crecemento holístico e na súa calidade de vida,
coa naturalidade que supón convivir en igualdade coas diferencias [...]
CENTRO DE MUSICOTERAPIA DE GALICIA
SERVIZOS
CLÍNICA
NENAS, NENOS e ADULTOS
"Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica
Aplicada. Tratamento Neuropsicofisiológico. Conexións entre Saúde,
Neurociencia, Música e Sonido.
Prevención, Activación, Rehabilitación en estados limitados ou interrumpidos da Personalidade, a
Comunicación e a Consciencia "
No noso espacio ou a domicilio. Consúltanos
Casa Baubo permanece
aberta ao público en horario de 9:00h a 21:00h
De Luns a Domingo
Servizo de Urxencias
ESCOLA
NENAS, NENOS e ADULTOS
[...] No Modelo Casa Baubo©, a Música é o centro da educación, nexo entre as demais
áreas de coñecemento. Utilizamos como ferramentas de evolución e
desenvolvemento persoal, a expresión musical, outras artes e ciencias. A Música
favorece a comunicación, as relacións interpersonais, o autocoñecemento, a
creación da propia identidade, a autonomía e o desenvolvemento das capacidades
individuais e grupais, porque lles proporciona recursos para recoñecer,
diferenciar e xestionar as diferentes emocións e conectar dun modo sutil o seu
mundo interno e externo...
O pulso, a melodía, e a harmonía e as súas diferentes combinacións permiten traballar Matemáticas, Linguas, Xeografía, Física, Historia…, ademais de favorecer o desenvolvemento motor e a fala, e axudar na conduta, entre outras; e tamén entender e asimilar con naturalidade as culturas de diferentes lugares...
O pulso, a melodía, e a harmonía e as súas diferentes combinacións permiten traballar Matemáticas, Linguas, Xeografía, Física, Historia…, ademais de favorecer o desenvolvemento motor e a fala, e axudar na conduta, entre outras; e tamén entender e asimilar con naturalidade as culturas de diferentes lugares...
...Hai
moito traballo amoroso pendente para colaborar na tarefa da saúde, a educación
e, antes de todo, a autoaceptación, empezando por nós mesmas, as persoas que
ofrecemos espazos que pretenden mellorar a calidade de vida doutras persoas e
acompañalas no seu medrar...
...Desde
o meu punto de vista, este primero paso será o que realmente aporte unha nova
perspectiva para algunhas "mentes" ancoradas na inercia, o
predecible, o odio, o xuízo, a envexa, a vaidade e o medo...
...Se
desaparecen os principios básicos en que se apoia esta forma de vida actual
(principio de perfección e principio de inmortalidade) teremos feito un gran
cambio cualitativo, integrativo e holístico [...] Montse Merino. Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada