TRABALLAR EN GALICIA. REQUISITOS PARA ACREDITARSE COMO MUSICOTERAPEUTA PROFESIONAL


CONVENIO SERGAS & AGAMUS

O obxectivo do convenio é ofrecer servizos e apoio doentes, familiares e persoal sanitario.

Este convenio entre o SERGAS e AGAMUSpermite aos estudiantes da Formación & Máster en Musicoterapia Científica Aplicada®©CB.A&S, facer prácticas dentro do Sistema Sanitario Galegohttps://casabaubo.com/                                                           

Os estudiantes fan 3000 horas de prácticas en rotación por diferentes hospitais e centros de saúde e outros espazos comunitarios, educativo-pedagóxicos, clínicos, sociais e sanitarios de Galicia.







TRABALLAR EN GALICIA. REQUISITOS PARA REXISTRARSE e ACREDITARSE COMO MUSICOTERAPEUTA PROFESIONAL


A/O solicitante da inscrición na Asociación Galega de Musicoterapia, precisará da proposta de ingreso dun mínimo de 2 socias-os profesionais.

Esta solicitude deberá ser aprobada pola Asamblea Xeral de socias-os Igual que no Reino Unido e outros países e rexións de Europa, en Galicia a profesión dispón dun rexistro de profesionais cualificados para exercer a profesión. 


A Musicoterapia é unha profesión sanitaria


Recibe moitos nomes diferentes ainda que falamos da mesma profesión que só pode ser exercida por MT cualficadas-os:

Musicoterapia, Terapia con Música, Terapia Musical, Terapia da Música, Terapia de sonido, Music Therapy...

Todos os nomes teñen un mesmo cometido

A AGAMUS, Asociación Galega de Musicoterapia é a Asociación das-os Profesionais de Musicoterapia en Galicia, con  regulación xurídico-profesional.

 

AGAMUS é unha ASOCIACIÓN PROFESIONAL 


TRABALLADORAS e TRABALLADORES DA MUSICOTERAPIA DE GALICIA
Rexistrada como asociación profesional na CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO e INDUSTRIA
Nº Rexistro: 2003-82-4-829

NIF. G32313108 

A. MUSICOTERAPEUTAS PROFESIONAIS (Terapeutas profesionais da música, professional music therapists)

REQUISITOS PARA ACREDITACIÓN para exercer a profesión en Galicia: 

1. Musicoterapeutas en práctica activa que cumplan os requisitos propostos pola EMTC (a Confederación Europea de Musicoterapia ano 2013) máis as especificidades de Galicia

2. Programas de formación similares ao ofrecido en AGAMUS Musicoterapia Galicia

3. Adestramento: formación de 4 anos con 6000 horas de estudios & Máster de 1500 horas de estudio

4. Horas acreditadas de traballo persoal-autocoñecemento: mínimo 200 horas

5. Horas acreditadas de práctica supervisada: mínimo 3000 horas.

6. Desarrollo e capacitación profesional continua e activa (cursos de actualización profesional, congresos, etc.)

7. Certificado de non ser un delincuente sexual

8. Coñecemento do Modelo Musicoterapia Científica Aplicada©®Casa Baubo. A&S. e/ou de algún modelo de musicoterapia dos recoñecidos no mundo.   

9. Proba de coñecemento da lingua galega (CELGA 4 ou similar acreditación)

10. Coñecemento da Música e a cultura galegas (Non é preciso ter titulación específica) Valórase si dispós de mención en improvisación tradicional

* Tipos de acreditación:  

1. MT novel (Entre 1 e 4 anos de experiencia)

2. MT 1 (Entre 5 e 10 anos de experiencia)

3. MT 2 (Entre 10 e 20 anos de experiencia) 

4. MT 3 (con máis de 20 anos de experiencia)

5. MT 4 (Xubilada-o) 

*As acreditacións renóvanse cada ano no caso de musicoterapeutas noveis ata rematar o 4 primeiros anos; e cada 4 anos no caso de musicoterapeutas con máis de 5 anos de experiencia.