AGAMUS "XORNADAS DE PORTAS ABERTAS" 15 maio-15 xuño 2017


AGAMUS. ASOCIACIÓN GALEGA DE MUSICOTERAPIA
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
15 maio-15 xuño 2017
ENTRADA LIBRE
INSCRICIÓN


AGAMUS. XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2017 (ENTRADA LIBRE)

Desde o día 15 de maio ata o 15 de xuño, AGAMUS abre as súas portas para informar sobre a nosa profesión e os 5 ámbitos de aplicación que establece o Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada.
As Xornadas organízanse para darlle visibilidade ao noso traballo, compartir espacio con diferentes profesionais relacionados coa saúde, a educación e o pensamento, as intervencións son voluntarias onde cada profesional pode mostrar o traballo que está facendo, os proxectos que está a punto de materializar ou ideas que xurden. AGAMUS é unha asociación sin ánimo de lucro Non hai remuneración. Os gastos que ocasionan as xornadas, son sufragados exclusivamente por AGAMUS e Casa Baubo
AGAMUS non dispón de fondos económicos, ofrece tratamentos gratuítos de Musicoterapia a pacientes dos ámbitos clínicos, comunitario, educativo, sanitario e social desde o ano 2003 para persoas ou grupos que o precisen e non teñan medios económicos. Calqueira aportación económica que nos chegue, é utilizada para terapias exclusivamente. De momento, non temos.
Desde o día 15 de maio ata o 15 de xuño, AGAMUS abre as súas portas para informar sobre a nosa profesión e os 5 ámbitos de aplicación que establece o Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada.
Cada día, a partir das 20 horas, quen o decida, poderá achegarse ao noso espazo da Rúa García Prieto 53, en Santiago de Compostela, en Conxo.
Adicaremos cada día da semana a un ámbito dos 5 ámbitos para explicar como traballamos e cada xornada rematará cun breve concerto.
https://www.facebook.com/events/1678260385810949/

En Rúa García Prieto 53, baixo. 15706, Santiago de Compostela:
Luns ámbito Clínico: 15, 22, 29 maio; 5 , 12 de xuño
Martes ámbito Comunitario: 16, 23, 30 maio; 6 , 13 de xuño 
Mércores ámbito Educativo: 17, 24, 31 maio; 7 , 14 de xuño
Xoves ámbito Sanitario: 18, 25 maio; 1, 8, 15 de xuño
Venres ámbito Social: 19, 26 maio; 9 de xuño

*    AUDITORIO DE GALICIA, SALA MOZART. Días 14 e 15 de xuño. 20h.

Día 14. SAÚDE MENTAL e MUSICOTERAPIA" contaremos coa colaboración da Dra. Mercedes Fernández Valencia (Psiquiatra e Psicoterapeuta) & Dna. Montse Merino, (Presidenta de AGAMUS. Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada)

Que é a Psiquiatría? Que é unha enfermidade mental? Modelos de intervención clásicos. Cara onde camiñan os novos paradigmas? Novo Modelo de intervención centrado no paciente desde a neurociencia. Que aporta a Musicoterapia á Saúde Mental? Perspectiva de intervención desde o Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Centífica Aplicada

Para rematar a xornada, UXÍA (voz) & MONTSE MERINO (piano) & Musicoterapeutas de AGAMUS compartirán unhas pezas coas persoas asistentes.

Día 15. "NEUROLOXÍA e MUSICOTERAPIA", coa colaboración da Dra. Susana Arias Rivas  (Neuróloga do CHUS, experta en Ictus Isquémico e dano cerebral. Membro do equipo do LINC)& Dna. Montse Merino, (Presidenta de AGAMUS. Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada)

Que é a Neuroloxía? Patoloxías neurolóxicas. Que é o ICTUS? Tipos. Factores de risco. ICTUS ISQUÉMICO. Síntomas, Fases de Tratamento. (1ª Causa de morte nas mulleres). Que aporta a Musicoterapia á Neuroloxía? Intervención no tratamento do ICTUS desde o Modelo Casa Baubo. A&S. Musicoterapia Científica Aplicada

Ao remate, terá lugar unha experiencia vivencial coas persoas asistentes dirixida por Montse Merino e un breve concerto de clausura das xornadas, por parte dunha sección da OMTAGZ. RDM (Orquestra de MT Acreditadas de Galicia "Rincón do Moucho")
Precisamos que te inscribas e nos indiques o/s dia/s que escolles virás,  tamén que confirmes asistencia para as conferencias no Auditorio de Galicia.
Iremos confirmando invitadas, invitados e informando das novidades no programa